luns, 21 de decembro de 2020

 

    Boas Familias!! A pesares de que estivemos algo desaparecidos por aquí, foron días de moitos acontecementos e estivemos traballando un montón! Estes días algo estivemos argallando e...aquí tedes o resultado! Esperamos que vos guste moito , tanto como a nós facelo! BO NADAL E PRÓSPERO ANINOVO! Disfrutade moito das vacacións e vémonos á volta...

https://drive.google.com/file/d/1urqLz_4OvFhv_1d8h_e-T7Icd13ffEsL/view?usp=sharing


luns, 16 de novembro de 2020

     HOXE chegamos moi contentos ao colexio porque viñemos cargados de follas e froitos de outono! E por riba collímolos con papá e mamá, asi que dobre gusto! Durante a asemblea estivemos tocando as diferentes texturas, observando as cores de outono, aprendendo nomes, clasificando...Deu para moito! Ao longo de todo a semana empregaremos estes recursos tan prezados que nos brinda a natureza para seguir aprendendo! 







   Boas familias!Seguimos xogando, descubrindo e experimentando co Outono...Hoxe fumos grandes pintores e artistas! Encantounos! Qué sairá de aquí?...Seguiremos ensinándovos o que vamos facendo a ver cal será o resultado final...


















 

xoves, 12 de novembro de 2020

 Benvidas familias!
    Este blogue será unha xanela onde poderedes ver e achegarvos un pouco a vida da nosa aula dos Verdes, e así tamén ir participando de todo o que facemos e vamos descubrindo! Estade atentos, que logo comezaremos a ensinar os grandes artistas que somos e como vamos medrando.Estades preparad@s para comezar esta nova viaxe con nós?💚💚